Saltar ao contido principal

TRABALLOS DE REPARACIÓN E CONSERVACIÓN.

 Neste tempo de outono é convinte retirar e lavar as trampas das velutinas para deixalas limpas e gardadas ata a primavera. Tamén houbo que reparar e cambiar algún cordel de amarre dos carteis identificadores das árbores. Amais foi necesario despendurar as casiñas dos paxaros e dos morcegos para darlles unha pintura de protección da madeira e volver a atalas ben ás árbores para evitar accidentes.

No galiñeiro houbo que estirar o arame e colocar outros postes novos.











Comentarios

Publicacións populares deste blog

DÍA DO LIBRO CON SUSA HERRERA.

    O Día Internacional do Libro foi fixado pola   UNESCO no ano   1995 para fomentar a cultura literaria e protexer a propiedade intelectual; tendo como obxectivo apoiar a creatividade, a diversidade e a igualdade de acceso ao coñecemento. Escolleuse esta data porque coincide co pasamento de tres grandes autores da literatura universal, como foron: William Shakespeare, Garcilaso de la Vega e Miguel de Cervantes .  En Cataluña a xornada cadra tamén co Día de Sant Jordi, onde a tradición agasalla cunha rosa e un libro. No colexio conmemoramos o Día do Libro coa visita de Susa Herrera. Ela naceu en Santander e adicou a súa traxectoria profesional á docencia e á divulgación musical. Foi profesora titular de Expresión Musical na Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte do campus de Pontevedra. É autora de moitos contos para nenos e nenas e leva toda a vida demostrando que os contos tamén se cantan e ademáis pódense bailar. Agora está xubilada, máis segu...

OS PITIÑOS CAMBIARON DE CASA

 Os pitiños xa teñen 15 días e están moi grandes, por iso hoxe preparamos unha nova casiña no almacen dos xoguetes. Agora van ter máis espazo para moverse.