Saltar ao contido principal

BOLBORETA ARLEQUINA

 Para conmemorar o Día Internacional das Persoas con Discapacidade  visitou o colexio Rosalía Morlán facendo a presentación do libro: A bolboreta Arlequina.

Acompañárona neste día algúns membros da asociación Aupa Deza.

As bolboretas Arlequín viven na illa de Ons, na illa de Sálvora e nas illas Cíes. As súas ás son amarelas, con manchas negras e puntos vermellos. Poden desaparecer, xa que están en perigro de extinción a causa dos pesticidas  que usamos as persoas para matar as malas herbas ou os insectos; tamén a causa dos incendios e da contaminación da terra. Elas viven moi a gusto na illa de Ons porque alí están moi protexidas e na primavera  enchen de cor a illa.

















Comentarios

Publicacións populares deste blog

ECONOMÍA CIRCULAR. 2º DE PRIMARIA.

Continuamos coas exposicións de temática medioambiental relacionadas co proxecto de centro  "Coida do clima, coida dos teus".   2º de primaria foi o curso encargado de proseguir o proceso expositivo co seu traballo "A Economía Circular" conmemorando así o Día Internacional do Consumo Responsable que se celebrou o 15 de marzo.  A economía circular é vital para combatir o cambio climático xa que aborda o 70% das emisións globais de gases de efecto invernadoiro derivadas da extración e uso de materiais. Ao reutilizar, reparar e reciclar produtos redúcese a necesidade de recursos virxenes, disminuindo a enerxía e a contaminación asociadas. Podemos considerar o noso sistema económico actual como unha economía "lineal", un modelo que extrae materia prima da natureza, creando produtos a partir dela e cando xa non serven tíranse como residuos. Esto produce un impacto significativo sobre o medio ambiente, agravando a crise climática, a pérdida de biodiversidade e p...

DÍA DO LIBRO CON SUSA HERRERA.

    O Día Internacional do Libro foi fixado pola   UNESCO no ano   1995 para fomentar a cultura literaria e protexer a propiedade intelectual; tendo como obxectivo apoiar a creatividade, a diversidade e a igualdade de acceso ao coñecemento. Escolleuse esta data porque coincide co pasamento de tres grandes autores da literatura universal, como foron: William Shakespeare, Garcilaso de la Vega e Miguel de Cervantes .  En Cataluña a xornada cadra tamén co Día de Sant Jordi, onde a tradición agasalla cunha rosa e un libro. No colexio conmemoramos o Día do Libro coa visita de Susa Herrera. Ela naceu en Santander e adicou a súa traxectoria profesional á docencia e á divulgación musical. Foi profesora titular de Expresión Musical na Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte do campus de Pontevedra. É autora de moitos contos para nenos e nenas e leva toda a vida demostrando que os contos tamén se cantan e ademáis pódense bailar. Agora está xubilada, máis segu...

ACOLLIDA DO NOVO ALUMNADO DE INFANTIL

 Hoxe na nosa Aula da Natureza fixemos a acollida do alumnado de nova incorporación para o novo curso de 4º de infantil. Comezouse  cunha actividade de benvida con fotos destes novos nenos e nenas ,  despois fixeron outra actividade titulada "Abrazo á árbore",  que consistía en abrazar distintas árbores con cintas elásticas de cores, tamén   compartiron cancións, xogos e  unha merenda saudable na nosa fermosa carballeira.