Saltar ao contido principal

VERMICOMPOSTEIRO

No curso pasado  reutilizamos dúas caixas de "porespán" para construír un vermicomposteiro caseiro con miñocas comúns da zona coa intención de que o alumnado poidese observar como se transforma a materia orgánica das merendas en humus líquido, que se utilizará posteriormente para abonar as plantas da horta e as ornamentais de dentro do colexio O humus  é rico en nutrientes, principalmente nitróxeno e potasio, amais incrementa a actividade microbiana do solo.

A vermicompostaxe é o proceso de descomposición e transformación da materia orgánica en humus, realizado pola dixestión das miñocas e a acción combinada de microorganismos presentes no solo. O resultado do proceso, o vermicompost, é un excelente fertilizante orgánico e biorregulador do solo.

  As miñocas denomínanse o “muíño biolóxico”, xa que modifican as características físicas, químicas e biolóxicas, acelerando a súa estabilización e hixienizando a materia orgánica. Pasan por dúas fases durante o proceso: unha inicial (actividade da miñoca) e outra activa (poboación microbiana). 



Comentarios

Publicacións populares deste blog

ECONOMÍA CIRCULAR. 2º DE PRIMARIA.

Continuamos coas exposicións de temática medioambiental relacionadas co proxecto de centro  "Coida do clima, coida dos teus".   2º de primaria foi o curso encargado de proseguir o proceso expositivo co seu traballo "A Economía Circular" conmemorando así o Día Internacional do Consumo Responsable que se celebrou o 15 de marzo.  A economía circular é vital para combatir o cambio climático xa que aborda o 70% das emisións globais de gases de efecto invernadoiro derivadas da extración e uso de materiais. Ao reutilizar, reparar e reciclar produtos redúcese a necesidade de recursos virxenes, disminuindo a enerxía e a contaminación asociadas. Podemos considerar o noso sistema económico actual como unha economía "lineal", un modelo que extrae materia prima da natureza, creando produtos a partir dela e cando xa non serven tíranse como residuos. Esto produce un impacto significativo sobre o medio ambiente, agravando a crise climática, a pérdida de biodiversidade e p...

DÍA DO LIBRO CON SUSA HERRERA.

    O Día Internacional do Libro foi fixado pola   UNESCO no ano   1995 para fomentar a cultura literaria e protexer a propiedade intelectual; tendo como obxectivo apoiar a creatividade, a diversidade e a igualdade de acceso ao coñecemento. Escolleuse esta data porque coincide co pasamento de tres grandes autores da literatura universal, como foron: William Shakespeare, Garcilaso de la Vega e Miguel de Cervantes .  En Cataluña a xornada cadra tamén co Día de Sant Jordi, onde a tradición agasalla cunha rosa e un libro. No colexio conmemoramos o Día do Libro coa visita de Susa Herrera. Ela naceu en Santander e adicou a súa traxectoria profesional á docencia e á divulgación musical. Foi profesora titular de Expresión Musical na Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte do campus de Pontevedra. É autora de moitos contos para nenos e nenas e leva toda a vida demostrando que os contos tamén se cantan e ademáis pódense bailar. Agora está xubilada, máis segu...

ASOCIACIÓN VECIÑAL BOLARQUEIRA DE NOCEDA.

 Pablo e Diego, membros da Asociación Cultural e Veciñal Bolarqueira  de Noceda, visitáronnos hoxe para contarnos como esta asociación  traballa pola dinamización e difusión da cultura no rural, ademáis de concienciar no  coidado da contorna natural desta aldea. Faláronnos do festival Noceda Rock, de todas as actividades que se farán o 13 e 14 de xuño, xa que esta será a décima edición deste evento. Desta volta o cartel anunciador foi creado pola artista Carlota Salgado, no que intentou representar un carballo coas raices cara arriba e as polas cara abaixo.