D Í A D E R O S A L Í A O 23 de febreiro celébrase o aniversario do nacemento de Rosalía de Castro, a nosa poeta por excelencia. Nos seus poemas percibimos o amor da escritora polos elementos da natureza e polas súas paisaxes. Rosalía de Castro é unha figura fundamental para a lingua e a cultura galega. E esta é unha data especial, na que a sociedade galega se contempla a si mesma para entenderse e recoñecerse e para festexar a propia identidade. O s versos e as palabras de Rosalía son esixentes e requiren da nosa lectura profunda, da nosa escoita e da nosa mirada atenta. A súa obra, a súa vida, o seu padecemento, o seu ollar, o seu sentir, son a alma enteira da nosa Terra. Os versos rosalianos semellan andoriñas viaxeiras de eterno retorno, son verdadeiros cantos de esperanza. S on moitos os poemas nos que Rosalía manifesta un fondo compromiso con Galicia, cos galegos e as galegas, coa lingua, coa cultura e tamén co medio ambien...
Comentarios
Publicar un comentario