Saltar ao contido principal

5º PRIMARIA: A BIOMASA.

Para comemorar o Día Mundial da Enerxía  hoxe continuamos coas exposicións sobre os traballos de investigación de temática medioambiental. As rapazas e rapaces de 5º de primaria fixeron a súa posta en escena ao resto do centro educativo do seu proxecto: A biomasa. Acompañaron a exposición con varias maquenas elaboradas por eles mesmos e remataron cantando e bailando unha canción.

A biomasa defínese como a fracción biodegradable dos produtos, residuos e desfeitos de orixe biolóxico procedentes de actividades agrarias, incluidas as sustancias de orixe  vexetal,e animal, da silvicultura e das industrias relacionadas, incluidas a pesca e a acuicultura, así como a fracción biodegradable dos residuos, incluidos os residuos industriais e municipais de orixe biolóxico. A biomasa é, polo tanto, materia orgánica utilizada como fonte enerxética.
















                

Comentarios

Publicacións populares deste blog

DÍA DO LIBRO CON SUSA HERRERA.

    O Día Internacional do Libro foi fixado pola   UNESCO no ano   1995 para fomentar a cultura literaria e protexer a propiedade intelectual; tendo como obxectivo apoiar a creatividade, a diversidade e a igualdade de acceso ao coñecemento. Escolleuse esta data porque coincide co pasamento de tres grandes autores da literatura universal, como foron: William Shakespeare, Garcilaso de la Vega e Miguel de Cervantes .  En Cataluña a xornada cadra tamén co Día de Sant Jordi, onde a tradición agasalla cunha rosa e un libro. No colexio conmemoramos o Día do Libro coa visita de Susa Herrera. Ela naceu en Santander e adicou a súa traxectoria profesional á docencia e á divulgación musical. Foi profesora titular de Expresión Musical na Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte do campus de Pontevedra. É autora de moitos contos para nenos e nenas e leva toda a vida demostrando que os contos tamén se cantan e ademáis pódense bailar. Agora está xubilada, máis segu...

OS PITIÑOS CAMBIARON DE CASA

 Os pitiños xa teñen 15 días e están moi grandes, por iso hoxe preparamos unha nova casiña no almacen dos xoguetes. Agora van ter máis espazo para moverse.