No colexio temos unha variedade de mazá moi saborosa, pero a maceira xa está moi velliña e para non perdela recollémoslle unhas púas neses días de atrás, e hoxe o alumnado de 4º de primaria acompañado polo seu tutor Santi fixeron os enxertos en patróns que xa tiñamos plantados do curso pasado.
Esperamos que esta práctica resulte efectiva e consigamos reproducir esta variedade e degustar os seus froitos.

































Comentarios
Publicar un comentario