Do 24 ao 28 de febreiro celebramos a Semana do entroido, desta volta adicado ao entroido tradicional. A figura do científico Albert Einstein foi a encargada de introducir as mandas entroideiras. Cada ciclo decorou os corredores con máscaras dos entroidos tradicionais. O alumnado de 2º e 3º ciclo buscaron información e fixeron un traballo sobre os entroidos de Laza, Xinzo,Verín e Cobres. Rematamos o venres cunha festa de disfraces.
MANDADIÑOS DO MECO.
Luns: Ainda que na cama non podes seguir a escola en pixama podes vir.
Martes: Como o clima está a cambiar no inverno viremos de verán.
Mércores: O planeta debemos coidar e como científicos con "bata branca" teremos que experimentar.
Xoves: O entroido de Lalín festexaremos e como señoritos e señoritas luciremos.
Venres: E para rematar co disfraz co que ti queiras poderás desfilar.
PRESENTACIÓN DO TRABALLO DE INVESTIGACIÓN QUE FIXERON OS NENOS DE SEXTO DE ED.PRIMARIA
Comentarios
Publicar un comentario