Do día 10 ao 14 de marzo celebramos no colexio a Semana da Prensa. Tivemos distintos xornais para ollear e ler nestes días. Despois, cada clase tivo que buscar ou elaborar unha nova relacionada coa súa temática medioambiental : o vento, as plantas, a auga, a paisaxe, as borrrascas, a biomasa ou as fontes de enerxía. Con todos eses artigos xornalísticos e pasatempos confeccionouse un caderno.
Hoxe a rapazada de 2º de primaria expuxo o seu traballo sobre Economía Circular.























Comentarios
Publicar un comentario