De forma periódica fomos creando un rexistro das velutinas que apresamos nas cinco trampas que temos instaladas no noso patio e cando fixo falta elaborar máis líquido atraente para enchelas organizamos obradoiros no patio exterior ou na Aula da Natureza. O noso alumnado xa diferencia con soltura os distintos tipos de avespas. Anque nesta primavera non fixo tanto calor aínda se pillaron bastantes velutinas, o numero foi variando ao longo do mes e función da meteoroloxía e das plantas que estaban con flor. Levamos capturadas 129 velutinas ata o de agora.
Hoxe a rapazada de 2º de primaria expuxo o seu traballo sobre Economía Circular.





Comentarios
Publicar un comentario