Saltar ao contido principal

EXCURSIÓN DE 2º E 3º CICLO.

 Xa estamos rematando as clases e comezamos coas excursións de fin de curso. O alumnado de 2º e 3º ciclo realizou esta semana, concretamente o día 15, a súa saída  a Pontevedra, pola mañá visitaron o Museo de Pontevedra onde puideron observar  a arte española dos séculos XIX e XX, a obra de Castelao e a colección de arqueoloxía onde destacan as pezas de orfebrería; cada ano este museo organiza diversas exposiciones cumprindo coa  función de divulgación da historia, da arte e do mundo cultural en xeneral . Xa pola tarde achegáronse ao Parque Arqueolóxico da Arte Rupestre de Campo Lameiro para observar os petróglifos e a recreación do poboado da Idade do Bronce. Na última hora da tarde gozaron dunha merenda  nunha contorna natural como é a Área Recreativa  das Pedrosas en Silleda. Unha xornada para o recordo.













Comentarios

Publicacións populares deste blog

DÍA DO LIBRO CON SUSA HERRERA.

    O Día Internacional do Libro foi fixado pola   UNESCO no ano   1995 para fomentar a cultura literaria e protexer a propiedade intelectual; tendo como obxectivo apoiar a creatividade, a diversidade e a igualdade de acceso ao coñecemento. Escolleuse esta data porque coincide co pasamento de tres grandes autores da literatura universal, como foron: William Shakespeare, Garcilaso de la Vega e Miguel de Cervantes .  En Cataluña a xornada cadra tamén co Día de Sant Jordi, onde a tradición agasalla cunha rosa e un libro. No colexio conmemoramos o Día do Libro coa visita de Susa Herrera. Ela naceu en Santander e adicou a súa traxectoria profesional á docencia e á divulgación musical. Foi profesora titular de Expresión Musical na Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte do campus de Pontevedra. É autora de moitos contos para nenos e nenas e leva toda a vida demostrando que os contos tamén se cantan e ademáis pódense bailar. Agora está xubilada, máis segu...

OS PITIÑOS CAMBIARON DE CASA

 Os pitiños xa teñen 15 días e están moi grandes, por iso hoxe preparamos unha nova casiña no almacen dos xoguetes. Agora van ter máis espazo para moverse.