Saltar ao contido principal

PROXECTO 2025-26 : "COIDA DO CLIMA, COIDA DOS TEUS".

O novo proxecto de centro para este curso 2025-26 leva por título: "Coida do clima, coida dos teus"co que pretendemos continuar coas actividades iniciadas nos proxectos anteriores, tratando de mellorar os resultados e introducirnos en novas iniciativas para acadar no noso alumnado unha boa educación ambiental e construir así unha responsabilidade colectiva na defensa da vida, pois os pilares da educación deberían de apoiarse nos principios de suficiencia, reparto e coidados. Neste curso queremos amosar á nosa comunidade educativa a importancia dos nosos pequenos actos sostibles para contribuir a frear o cambio climático e protexer o medio ambiente. 

É necesario que as rapazas e rapaces comprendan a situación de crise climática na que nos atopamos e estean preparadas e preparados para emprender as medidas de corrección e adaptación necesarias para soster as nosas sociedades poñendo a sustentabilidade da vida no centro das nosas prioridades.

 Para afondar neste proxecto será necesario que cada grupo clase, ao longo do curso, investigue, observe e analice arredor destas temáticas:

E. Infantil: Eucaliptos non, carballos si.

1º de E. Primaria: Industria téxtil: produción e consumo.

2º de E. Primaria: A economía circular.

3º de E.Primaria: A degradación dos ecosistemas.

4º de E.Primaria: O clima e a saúde.

5º de E. Primaria: Os incendios forestais.

6º de E. Primaria: A pegada do carbono.




Comentarios

Publicacións populares deste blog

ECONOMÍA CIRCULAR. 2º DE PRIMARIA.

Continuamos coas exposicións de temática medioambiental relacionadas co proxecto de centro  "Coida do clima, coida dos teus".   2º de primaria foi o curso encargado de proseguir o proceso expositivo co seu traballo "A Economía Circular" conmemorando así o Día Internacional do Concumo Responsable que se celebrou o 15 de marzo.  A economía circular é vital para combatir o cambio climático xa que aborda o 70% das emisións globais de gases de efecto invernadoiro derivadas da extración e uso de materiais. Ao reutilizar, reparar e reciclar produtos redúcese a necesidade de recursos virxenes, disminuindo a enerxía e a contaminación asociadas. Podemos considerar o noso sistema económico actual como unha economía "lineal", un modelo que extrae materia prima da natureza, creando produtos a partir dela e cando xa non serven tíranse como residuos. Esto produce un impacto significativo sobre o medio ambiente, agravando a crise climática, a pérdida de biodiversidade e p...

DÍA DO LIBRO CON SUSA HERRERA.

    O Día Internacional do Libro foi fixado pola   UNESCO no ano   1995 para fomentar a cultura literaria e protexer a propiedade intelectual; tendo como obxectivo apoiar a creatividade, a diversidade e a igualdade de acceso ao coñecemento. Escolleuse esta data porque coincide co pasamento de tres grandes autores da literatura universal, como foron: William Shakespeare, Garcilaso de la Vega e Miguel de Cervantes .  En Cataluña a xornada cadra tamén co Día de Sant Jordi, onde a tradición agasalla cunha rosa e un libro. No colexio conmemoramos o Día do Libro coa visita de Susa Herrera. Ela naceu en Santander e adicou a súa traxectoria profesional á docencia e á divulgación musical. Foi profesora titular de Expresión Musical na Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte do campus de Pontevedra. É autora de moitos contos para nenos e nenas e leva toda a vida demostrando que os contos tamén se cantan e ademáis pódense bailar. Agora está xubilada, máis segu...

OS PITIÑOS CAMBIARON DE CASA

 Os pitiños xa teñen 15 días e están moi grandes, por iso hoxe preparamos unha nova casiña no almacen dos xoguetes. Agora van ter máis espazo para moverse.