DÍA DE FESTA !
O 30 de outubro celebramos o Samaín da man do sétimo arte, bailes e degustacións de comidas terroríficas!
Pasamos uns días traballando arreo na creación dos cemiterios cas súas lápidas tenebrosas e coa decoración das máscaras que vagan tal almas en pena.
O alumnado de Educación Infantil gozou dun taller artístico onde as froitas cobraron vida antes de ser sacrificadas polas súas bocas famentas e dispostas a non deixar nada!
No comedor tamén houbo menú temático, música e unha pequena sorpresa para despedir, un curso máis, unha das festas máis desexadas polo alumnado.
Comentarios
Publicar un comentario