Nestas primeiras semanas do mes de decembro quixemos conmemorar varias Efemérides medioambientais:
- Día Mundial do Non Uso de Praguicidas. ( 3 de decembro)
- Día Mundial do Solo. ( 5 de decembro)
- Día dos Dereitos Humanos (10 de decembro)
- Día Mudial das Montañas (11 de decembro)
- Nace o PNUMA (15 de decembro)
- Día Internacional da Solidariedade (20 de decembro)
Aproveitamos os días de chuvia e de temperaturas suaves, antes de que cheguen as xeadas, para plantar no patio exterior varios exemplares de carballos autóctonos e tamén de carballos americanos, así como froiteiras e unha Árbore de Xudea que naceron de xeito natural nos bancais da nosa horta. Ademais plantamos plantas ornamentais nas macetas do patio. Así, cando medren teremos sombra para poder xogar no areeiro e na pista de cespede; tamén poderemos pasear polo espazo exterior gozando das zonas verdes.
































































Comentarios
Publicar un comentario