Saltar ao contido principal

3º DE PRIMARIA: A DEGRADACIÓN DOS ECOSISTEMAS.


Continuamos coas exposicións de temática medioambiental relacionadas co proxecto de centro  "Coida do clima, coida dos teus". 

 3º de primaria foi o curso encargado de proseguir o proceso expositivo co seu traballo "A degradación dos ecosistemas" conmemorando o Día Mundial da Natureza e o Día Mundial da Vida Silvestre. Acompañou a exposión oral con maquetas que reflexan os cambios nos ecosistemas debido ás accións humanas contando coa axuda  das familias.

Definíron o ecosistema, as súas partes, as relacións dentro del, os distintos tipos e por último o impacto humano.

Todos os elementos que forman o planeta Terra están interconectados, cumplen unha función específica e fundamental, dende o aire que respiramos ata os ríos; e todos son necesarios para que exista a biodiversidade. Por desgraza a actividade frenética do ser humano está modificando os ecosistemas, está mudando o clima e estase perdendo esa biodiversidade.

O cambio climático é un dos maiores desafíos para os ecosistemas. Está causado polo aumento de gases de efecto invernadoiro, como o dióxido de carbono, debido á queima de combustibles físiles e a deforestación provocando:

- Aumento de temperaturas. Afectando á reproducción e migración de especies.

- Derretemento dos polos. Ameazando a vida no Ártico e na Antártida.

-Alteracións nos patróns de choiva. Provocando inundacións e sequías extremas.

- Acidificación dos océanos. Danando corais e organismos mariños.

A contaminación afecta a todos os ecosistemas, danando o aire, a auga e o solo.

Os seres humanos cambiamos os ecosistemas, pero tamén podemos protexelos e restauralos  freando así o cambio climático.









Comentarios

Publicacións populares deste blog

ECONOMÍA CIRCULAR. 2º DE PRIMARIA.

Continuamos coas exposicións de temática medioambiental relacionadas co proxecto de centro  "Coida do clima, coida dos teus".   2º de primaria foi o curso encargado de proseguir o proceso expositivo co seu traballo "A Economía Circular" conmemorando así o Día Internacional do Concumo Responsable que se celebrou o 15 de marzo.  A economía circular é vital para combatir o cambio climático xa que aborda o 70% das emisións globais de gases de efecto invernadoiro derivadas da extración e uso de materiais. Ao reutilizar, reparar e reciclar produtos redúcese a necesidade de recursos virxenes, disminuindo a enerxía e a contaminación asociadas. Podemos considerar o noso sistema económico actual como unha economía "lineal", un modelo que extrae materia prima da natureza, creando produtos a partir dela e cando xa non serven tíranse como residuos. Esto produce un impacto significativo sobre o medio ambiente, agravando a crise climática, a pérdida de biodiversidade e p...

DÍA DO LIBRO CON SUSA HERRERA.

    O Día Internacional do Libro foi fixado pola   UNESCO no ano   1995 para fomentar a cultura literaria e protexer a propiedade intelectual; tendo como obxectivo apoiar a creatividade, a diversidade e a igualdade de acceso ao coñecemento. Escolleuse esta data porque coincide co pasamento de tres grandes autores da literatura universal, como foron: William Shakespeare, Garcilaso de la Vega e Miguel de Cervantes .  En Cataluña a xornada cadra tamén co Día de Sant Jordi, onde a tradición agasalla cunha rosa e un libro. No colexio conmemoramos o Día do Libro coa visita de Susa Herrera. Ela naceu en Santander e adicou a súa traxectoria profesional á docencia e á divulgación musical. Foi profesora titular de Expresión Musical na Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte do campus de Pontevedra. É autora de moitos contos para nenos e nenas e leva toda a vida demostrando que os contos tamén se cantan e ademáis pódense bailar. Agora está xubilada, máis segu...

OS PITIÑOS CAMBIARON DE CASA

 Os pitiños xa teñen 15 días e están moi grandes, por iso hoxe preparamos unha nova casiña no almacen dos xoguetes. Agora van ter máis espazo para moverse.