Hoxe foi unha xornada emocionante para o grupo de representantes do CEIP Xoaquín Loriga de Prado que nos diriximos á Cidade da Cultura en Santiago de Compostela para participar no Evento de Recoñecemento de MeteoEscolas e Escolas Verdes Excelente organizado pola Consellería de Medioambiente e Cambio Climático.
Neste acto a nosa rapazada gozou dunha xornada chea de información meteorolóxica, con xogos didácticos e unha chea de agasallos. Escoitaron a información aportada pola doctora en química Déborah García Bello e divertíronse co espectáculo de máxia. Compartíron unha mañá especial con rapaces e rapazas de moitos centros educativos da nosa comunidade e gozaron coas mostras de felicitación que lles deron os membros da Xunta e do Concello.
Comentarios
Publicar un comentario