O día 7 de abril celébrase o Día Mundialda Saúde co fin de fomentar na poboación hábitos saudables, mellorar a saúde das persoas e o seu benestar físico e mental.
Co desenvolvemento do proxecto "Clima e saúde", enmarcado no proxecto anual de centro, "Coida do clima, coida dos teus", o alumnado de 4º curso sumouse a esta celebración. O obxectivo é concienciar sobre a importancia que ten o clima nas nosas vidas e como as decisións insostibles danan o planeta e afectan gravemente á saúde das persoas. Esta é a mesaxe que quixeron facer chegar a través do lema "Salvar o planeta é salvar vidas", inscrito nas chapas que entregaron aos compañeiros e compañeiras como agasallo o día da exposición.
Hoxe, 10 de abril, presentaron no colexio o seu proxecto: "Clima san, vida sa".Este é o mural ideado por eles para acompañar e que resume de xeito gráfico os contidos que estiveron traballando.
Compartiron este interesante e fermoso traballo con todos os nenos e nenas de Educación Infantil e Educación Primaria, realizando unha exposición no Salón de actos do colexio. Neste lapbook resumimos os contidos do proxecto.
Remataron a presentación cantando e bailando unha peza musical á que lle modificaron a letra para adaptala á temática que estiveron traballando. Esta cantiga titúlase "Caraveliños", do grupo Treixadura. Podes lela e reflexionar sobre a súa mensaxe.
Agardamos que este traballo vos guste tanto coma a eles, pero sobre todo, a finalidade é que todos e todas aprendamos a valorar e protexer a enorme riqueza que temos nos nosos montes, nos nosos ríos e na nosa contorna e, por conseguinte, coidar da nosa saúde. Aquí vos deixamos a invitación ao acto.
Para ilustrar o proxecto, a parte de realizar o traballo escrito e preparar a exposición oral, compartiron unhas mensaxes breves, pero contundentes e cun obxectivo moi claro, coidar o medio ambiente e tamén do noso colexio. Escoita con moita atención, son moi interesantes e non te van deixar indiferente.
Vídeo: "Accións para coidar o clima"
E sobre a mesma temática, pero dun xeito máis divertido, representaron na aula esta peza teatral escrita por eles e que nos fai reflexionar sobre as consecuencias do cambio climático e a responsabilidade que temos todos para frealo.
Tamén construíron cada un deles unha orixinal maqueta. Na aula foron explicando todo o proceso de elaboración e o que querían representar con elas. Para acompañar á explicación realizaron un interesante traballo escrito que compartiron na exposición.
Todas as maquetas quedaron moi, moi bonitas. Moitas grazas ás súas familias por colaborar e axudalos no proceso de construción.
Con este proxecto non só traballaron contidos, tamén desenvolveron habilidades sociais e emocionais que lles enfrontan a desafíos reais, fomentando a creatividade, o pensamento crítico, a resolución de problemas, compañeirismo e a unión de todos e todas para acadar un obxectivo común. Poden estar ben contentos co resultado do seu traballo.
Continuamos coas exposicións de temática medioambiental relacionadas co proxecto de centro "Coida do clima, coida dos teus". 2º de primaria foi o curso encargado de proseguir o proceso expositivo co seu traballo "A Economía Circular" conmemorando así o Día Internacional do Consumo Responsable que se celebrou o 15 de marzo. A economía circular é vital para combatir o cambio climático xa que aborda o 70% das emisións globais de gases de efecto invernadoiro derivadas da extración e uso de materiais. Ao reutilizar, reparar e reciclar produtos redúcese a necesidade de recursos virxenes, disminuindo a enerxía e a contaminación asociadas. Podemos considerar o noso sistema económico actual como unha economía "lineal", un modelo que extrae materia prima da natureza, creando produtos a partir dela e cando xa non serven tíranse como residuos. Esto produce un impacto significativo sobre o medio ambiente, agravando a crise climática, a pérdida de biodiversidade e p...
O Día Internacional do Libro foi fixado pola UNESCO no ano 1995 para fomentar a cultura literaria e protexer a propiedade intelectual; tendo como obxectivo apoiar a creatividade, a diversidade e a igualdade de acceso ao coñecemento. Escolleuse esta data porque coincide co pasamento de tres grandes autores da literatura universal, como foron: William Shakespeare, Garcilaso de la Vega e Miguel de Cervantes . En Cataluña a xornada cadra tamén co Día de Sant Jordi, onde a tradición agasalla cunha rosa e un libro. No colexio conmemoramos o Día do Libro coa visita de Susa Herrera. Ela naceu en Santander e adicou a súa traxectoria profesional á docencia e á divulgación musical. Foi profesora titular de Expresión Musical na Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte do campus de Pontevedra. É autora de moitos contos para nenos e nenas e leva toda a vida demostrando que os contos tamén se cantan e ademáis pódense bailar. Agora está xubilada, máis segu...
Hoxe na nosa Aula da Natureza fixemos a acollida do alumnado de nova incorporación para o novo curso de 4º de infantil. Comezouse cunha actividade de benvida con fotos destes novos nenos e nenas , despois fixeron outra actividade titulada "Abrazo á árbore", que consistía en abrazar distintas árbores con cintas elásticas de cores, tamén compartiron cancións, xogos e unha merenda saudable na nosa fermosa carballeira.
Comentarios
Publicar un comentario