Saltar ao contido principal

SEGUIMENTO DA AVEA MOURA.

 Dende o momento da sementeira da Avea Moura o alumnado de 4º de primaria fixo un seguimos do cultivo, observando e rexistrando a temperatura, cantidade de auga, crecemento, malas herbas e dificultades que ían aparecendo. 

Observamos os primeiros brotes das plantas o día 23 de marzo, medían 4 cm.








O día 26 de marzo medían 8 cm


O día 2 de abril as plantas máis altas medían 12 cm.


O día 9 de abril 19 cm


O día 16 de abril 28 cm.

O día 23 de abril 36 cm

Sorpréndenos o que vai medrando cada semana.




O día 30 de abril 45 cm





O día 7 de maio medían 57 cm.

O día 13 de maio medían 65 cm.
O día 21 de maio medían 85 cm.




Na semana do 25 de maio saíron 8 brotes de espiga. O venres 29 había 47 brotes de espiga.


O día 28 de maio medían 100 cm.




O 1 de xuño aparece o fungo Ustilago avenae coñecido como carbón da avea nunhas 4 plantas en distintos bancais.

É unha enfermidade de transmisión por semente, polo que non ten cura no campo, pois débese actuar antes da sementeira. Os grans afectados presentan unha morfoloxía similar ás sementes sas.Transmítese en forma de micelio latente no interior do gran. As hifas medran intercelulamente por debaixo do punto de crecemento, penetran nas follas e nos primordios das espigas, as esporas comezan a formarse substituíndo ao tecido dos ovarios. Cando se seca, as esporas son dispersadas polo vento cara as flores de plantas próximas e xermolan producindo hifas infecciosas que penetran  a través da parede dos ovarios xóvenes, establecéndose como un micelio latente no embrión antes de que as sementes maduren. As plantas afectadas suelen ser máis febles, con menos afillamento, máis pequenas e ata son mais precoces que as sas. 




O día 2 de xuño no 1º bancal apareceron 5 plantas con fungo, no 2º bancal 5 plantas, no 3º bancal 4 plantas e no 4º bancal 8 plantas. Algunhas plantas teñen no talo aros negros. Hai plantas que comezan a despuntar a espiga e miden 80 cm, pero as máis altas miden 145 cm.






O día 4 de xuño medían 145 cm.










O día 5 de xuño apareceron no 1º bancal 13 plantas con fungo, no 2º bancal 17 plantas, no 3º bancal 15 e no 4º 19 plantas.


O día 11 de xuño medían 170 cm.
Este día no 1º bancal había 47 plantas co fungo, no 2º bancal 66, no 3º bancal 64 e no 4º bancal 58 plantas.



O día 18 de xuño as plantas seguen a medir 170cm e o número de exemplares afectados co fungo do carbón son as mesmas.

O 19 de xuño enviamos todos os datos rexistrados á organización de Voz Natura e tamén ao responsa da Misión Biológica de Galicia, Bernardo Ordas López.



DATOS DE TEMPERATURA E PRECIPITACIÓNS:

MARZO  temperatura máxima 15,3ºC temperatura mínima 5,4ºC temperatura media 10,4ºC
Precipitacións 6,8 mm
ceos despexados.

ABRIL temperatura + 19,7ºC temperatura - 7,6ºC temperatura media 13,6ºC
Precipitacións 23,9mm
ceos: sol con nubes.

MAIO temperatura + 18,8ºC temperatura- 9,3ºC temperatura media 14,08ºC
Precipitacións 86,4mm
ceos: sol con nubes.
XUÑO o rexistro ata o 18 deste mes foi:
temperatura + 23,1ºC    temperatura - 10,8ºC  temperatura media  22,3ºC
precipitación  4,5 mm



REXISTROS


MARZO




ABRIL






MAIO





XUÑO




                                    

Comentarios

Publicacións populares deste blog

ECONOMÍA CIRCULAR. 2º DE PRIMARIA.

Continuamos coas exposicións de temática medioambiental relacionadas co proxecto de centro  "Coida do clima, coida dos teus".   2º de primaria foi o curso encargado de proseguir o proceso expositivo co seu traballo "A Economía Circular" conmemorando así o Día Internacional do Consumo Responsable que se celebrou o 15 de marzo.  A economía circular é vital para combatir o cambio climático xa que aborda o 70% das emisións globais de gases de efecto invernadoiro derivadas da extración e uso de materiais. Ao reutilizar, reparar e reciclar produtos redúcese a necesidade de recursos virxenes, disminuindo a enerxía e a contaminación asociadas. Podemos considerar o noso sistema económico actual como unha economía "lineal", un modelo que extrae materia prima da natureza, creando produtos a partir dela e cando xa non serven tíranse como residuos. Esto produce un impacto significativo sobre o medio ambiente, agravando a crise climática, a pérdida de biodiversidade e p...

DÍA DO LIBRO CON SUSA HERRERA.

    O Día Internacional do Libro foi fixado pola   UNESCO no ano   1995 para fomentar a cultura literaria e protexer a propiedade intelectual; tendo como obxectivo apoiar a creatividade, a diversidade e a igualdade de acceso ao coñecemento. Escolleuse esta data porque coincide co pasamento de tres grandes autores da literatura universal, como foron: William Shakespeare, Garcilaso de la Vega e Miguel de Cervantes .  En Cataluña a xornada cadra tamén co Día de Sant Jordi, onde a tradición agasalla cunha rosa e un libro. No colexio conmemoramos o Día do Libro coa visita de Susa Herrera. Ela naceu en Santander e adicou a súa traxectoria profesional á docencia e á divulgación musical. Foi profesora titular de Expresión Musical na Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte do campus de Pontevedra. É autora de moitos contos para nenos e nenas e leva toda a vida demostrando que os contos tamén se cantan e ademáis pódense bailar. Agora está xubilada, máis segu...

ACOLLIDA DO NOVO ALUMNADO DE INFANTIL

 Hoxe na nosa Aula da Natureza fixemos a acollida do alumnado de nova incorporación para o novo curso de 4º de infantil. Comezouse  cunha actividade de benvida con fotos destes novos nenos e nenas ,  despois fixeron outra actividade titulada "Abrazo á árbore",  que consistía en abrazar distintas árbores con cintas elásticas de cores, tamén   compartiron cancións, xogos e  unha merenda saudable na nosa fermosa carballeira.