A nutricionista lalinense Patricia Galego García acompañounos o 4 de setembro na xornada de acollida ás familias do centro educativo para darnos un breve parladoiro informativo con pautas para unha alimentación saudable.
Patricia condidera que a educación alimentaria ten que iniciarse na propia familia pois é o lugar onde a rapazada comeza a probar os seus primeiros alimentos e a maior parte das comidas que toma fainas na casa. Aconsellounos que temos que inxerir a froita enteira e masticala, pois en forma de zume non aporta as fibras necesarias. Tamén insistiu en que un iogur natural ten que ter só leite, sal e callo. E por último,señalou a necesidade de reducir o consumo de ultraprocesados como: galletas, doces industriais ou cereais azucrados, xa que estos alimentos non cumpren as necesidades nin os requerimentos nutricionais. Trátase de facer as cousas de forma máis sinxela, con froita e verdura fresca, os legumes, os lácteos e a auga.
Graciñas Patricia por acompañarnos neste día e facernos repensar sobre os nosos hábitos alimentarios.







Comentarios
Publicar un comentario