Rematamos o mes de outubro coa celebración do Samaín. É unha festividade de orixe celta que marca o remate da tempada de colleita e o comezo do outono,a metade escura do ano, atopándose a medio camiño entre o equinoccio de outono e o solsticio de inverno. Os días fanse máis curtos e as noites máis longas. Varían as temperaturas, nótanse ,sobre todo, os descensos pola noite e a primeiras horas da mañá. Xa nos temos que levantar e deitar sendo noite. Os días parecen máis tristes porque falta luz. Tamén o notan as galiñas no Galiñeiro Escolar xa que poñen menos ovos e botan máis tempo encerradas.
No colexio quixemos relacionar o Samaín co noso proxecto de centro "Volvamos á orixe" e contando coa colaboración das familias a nosa rapazada confeccionou unhas creativas maquetas sobre distintas profesións tradicionais dándolle un toque terrorífico.
















Comentarios
Publicar un comentario