O noso proxecto para este curso 2026-2027 leva por título: “Volvamos á orixe”. Un proxecto co que queremos por en valor os oficios tradicionais e artesanais de Galicia, destacando polo uso de técnicas ancestrais e de materiais naturais nobres, que promoven a sustentabilidade e a identidade cultural da nosa Comunidade.
Preservar os oficios artesanais de sempre garanten o relevo xeracional, tan necesario para que non se perdan e queden no esquecemento. Deste xeito, a iniciativa abordará como a chuvia ou o sol determinaban as épocas de sementeira, recolleita ou o traballo ao aire libre dos pedreiros, a influencia da humidade na madeira para os carpinteiros ou a importancia do vento e a temperatura no secado das pezas de olería, e o estudo de refráns e predicións tradicionais que vinculan o tempo cos oficios, promovendo o uso da lingua galega de xeito contextualizado.
Para afondar neste proxecto será necesario que cada grupo clase, ao longo do curso, investigue, observe e analice arredor destas temáticas:
E. Infantil: As tecedeiras .
1º de E. Primaria: Os chocolateiros e chocolateiras.
2º de E. Primaria: As zoqueiras e zoqueiros.


Comentarios
Publicar un comentario